Calidade e sostibilidade. O “son de seu” no Turismo rural

14 Junio 2022

Os establecementos de turismo rural somos unha opción diferenciada e diferenciadora, sostible e de calidade, que conformamos unha privilexiada rede de aloxamentos en lugares emblemáticos da nosa terra. 

 

 

Cada vez máis persoas procuran casas de turismo rural para a súa estadía en Galicia, mesmo cando percorren espazos senlleiros ou peregrinan por algún dos Camiños de Santiago.

É evidente que nestes dous últimos anos a situación vivida mudou moitas realidades e proxectos vitais, presentando novos retos, reclamando novas estratexias e calendarios nas nosas vidas, no lecer e no traballo.

Situar a nosa terra como destino de referencia para persoas viaxeiras que procuran experimentar un turismo seguro, saudable, sostible e de calidade no medio rural é o xeito máis doado de darlle axeitada resposta, diferenciada e diferenciadora, algo, por certo,  que acotío vimos ofrecendo en  www.galiciaturismorural.es.

 

Afortunadamente, a reactivación do Turismo Rural de Galicia, aséntase sobre piares firmes e recoñecibles, grazas...

  • Á acolledora e xenerosa actitude das persoas anfitrioas.
  • Á singularidade da ampla oferta de establecementos de turismo rural.
  • Á espléndida e variada mostra de recursos naturais, culturais e turísticos a gozar nas súas contornas.
  • Ás prezadas ofertas gastronómicas e enolóxicas, recoñecidas e ben posicionadas no ámbito nacional e internacional.
  • Ao inmellorable emprazamento, ao pé dos Camiños de Santiago, de moitos dos establecementos de turismo rural.

Numerosas e poderosas son, pois, as singulares bondades que os aloxamentos rurais de Galicia atesouramos.

 

Por iso, se intelixente e sostible é poñelas en valor e difundir a súa ampla, diferenciada e variada oferta, aínda o é máis aproveitalas e seguir apostando por Galicia e os seus aloxamentos rurais.

Un turismo sostible e de calidade en contornas rurais distínguese, ademais de polo seu emprazamento e arquitectura ou a proverbial bondade e xenerosidade que nos recoñecen na acollida, pola profesionalidade na atención ás persoas e na xestión dos recursos.

Tamén, á hora de procurar unha óptima visibilización, debe distinguirse por ofertar valores, experiencias e propostas claras, atractivas e homoxéneas, procurando así diferenciarse de quen só ofrece o uso dun inmoble a miúdo impersoal, xenérico, instalado pero apenas conectado co lugar e a súa xente, incapaz, logo, de transmitir os saberes e sentires que conforman a identidade comunitaria dun rural vivo.

 

Por iso vimos desenvolvendo estratexias de comunicación e de posicionamento que potencien tanto a promoción, como unha doada e sinxela comercialización.

E facémolo con ferramentas, accións e actividades amparadas sempre no que establece o marco normativo vixente.

 

Son, estes tempos, ocasión propicia para ofrecer unha novidosa mostra de suxestivas e  atractivas experiencias a persoas e grupos diversos, seniors, familias, singles, etc. Experiencias,moitas delas, susceptibles de ser gozadas en épocas diferentes e incluso útiles como fontes de fidelización. 

Faise preciso, pois, a creación de paquetes turísticos de calidade, diferenciados e diferenciadores, e dirixidos a distintos perfís.

 

Establecidas canles de confianza con persoas que desenvolven o seu traballo na intermediación (turoperadores e axencias de viaxes galegas), estamos a promover a creación e comercialización de catálogos con paquetes de experiencias no turismo rural.

Á par, seguimos a cultivar a coordinación, a integración e a confianza dentro do propio sector, cunha oferta complementaria, procurando a interacción con outros axentes da cadea de valor (establecementos de restauración, espazos expositivos, de ocio, museísticos, empresas de transporte, de turismo activo, de guías, así como con asociacións e colectivos vinculados ao Camiño e ao desenvolvemento do medio rural). Deste xeito van abroiando novas sinerxías que permiten a súa integración en novos e suxestivos paquetes e ofertas, dirixidas tanto a público galego como nacional e internacional.

 

A experiencia cotiá segue a nos alentar na creación e reforzo de redes colaborativas de calidade, que procuran a diferenciación e a excelencia do Turismo Rural en Galicia. Seguro que nos han seguir a recargar de forza, facéndonos competitivas e invencibles na conquista dos mercados...e sobre todo, dos corazóns da xente.

 

 
Casa A Mimoseira
TR-PO-000132
Casa A Mimoseira
Lugar Carballeira, 28 - O Pazo - 36684 - A Estrada (Pontevedra)
Casa Mimoseira é unha casa de aldea de 1837 en A Estrada, comarca do Deza-Tabeirós, ao norte da provincia de Pontevedra, moi preto de Santiago de Comp
Ver máis
 
Muíños de Pontenoval
TR-CO-000111
Muíños de Pontenoval
Ponte Noval s/n - Mera de Arriba - 15349 - Ortigueira (A Coruña)
Muíños de Pontenoval son dous antigos muíños situados nun val protexido do río Mera, en Ortigueira, comarca de Ferrolterra, nas Rías Altas.
Ver máis
 
Reitoral de Chandrexa
TR-OR-000070
Reitoral de Chandrexa
A Casalta - 32747 - Parada de Sil (Ourense)
Reitoral de Chandrexa é unha casa de labranza situada en A Ribeira Sacra ourensá, cerca de Parada de Sil e do embarcadoiro de Santo Estevo.
Ver máis
Ver todas